Para cando necesitas descansar, relaxarte e tomar ese bo licor de abelás con xeo
Vistas de página en total
domingo, 31 de julio de 2011
Ninguén é perfecto
Palabras. É curioso como un está convencido de que se explica pero resulta que ninguén o entende, non sei se me explico. Como unha palabra pretendidamente amable dita dende o rancor percíbese con máis violencia que un insulto rabioso. Somos millóns de seres humanos, cada un coas súas cousas, crendo compartir un mesmo idioma. Pero craso erro, cada ser humano ten un idioma diferente. E as palabras a miúdo ensucian a comunicación. Cantas cousas dicimos no peor momento? E cantas delas á persoa equivocada? Cantas calamos cando é máis que necesario pronuncialas? Cantas veces sae a nosa voz con honestidade? Cantos quérote escoitamos que non soan a nada? Cantos "ódiote" que nos chegan como un "quérote"? Cantos conózote ben oimos cando ao tal que vemos nos é descoñecido? Cantas crises provocamos con tan só dúas frases? Falas con cariño e o outro entende desprecio, falas con desprecio e o outro non se dá por aludido. Non falas e o outro descifra o teu silencio de maneira equivocada. Falas e para os demais é como se non dixeras nada. Pronuncias un "quérote" cando o outro reclama aire e espacio, un mellor deixámolo cando reclaman o teu apoio máis incondicional. "Un necesítote" ao inmaduro, un "isto sabe raro" ao hipocondríaco. Un "ínvitote a unha caña" que semella "un casa conmigo".Todo é cuestión de verbas, vocabulario, palabras fóra de lugar, palabras que firen e verbas que alagan, palabras que cambian todo e outras que non consiguen causar ese efecto desexado. Teremos que aprender a afinar a nosa intuición e a entonar os nosos silencios.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)